Saturday 20 de April de 2024

O CPI Ponte Carreira recibe o premio do concurso Rosalía verso a verso da Mancomunidade de Ordes


Nestes días Roberto Rey, presidente da Mancomunidade de Ordes, fíxolle entrega ao CPI Ponte Carreira do premio do concurso Rosalía verso a verso, organizado polo ente que preside. María Josefa Villar e Diana Sánchez, directora do centro e responsable da área de Normalización e Dinamización Lingüística respectivamente, foron as encargadas de recoller os libros e o material audiovisual co que foron agasalladas. O dito concurso foi unha iniciativa impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes (SNL) entre todos os colexios da comarca. Consistiu na elaboración de vídeos cos que difundir e promover a obra da autora galega, ademais de apoiar a proclamación do Día de Rosalía o 24 de febreiro. O alto nivel de participación do CPI de Ponte Carreira supúxolle este recoñecemento. Os traballos pódense ver a día de hoxe no Facebook da Mancomunidade de Ordes.